Historia

O Club Deportivo Cidade fúndase na cidade da Coruña o 14 de abril do ano 1932, concretamente no barrio da Cidade Vella. Nos seus primeiros anos o club esfórzase en dar unha formación integral do deporte na cidade, contando con, ademais do fútbol, seccións de baloncesto, xadrez, danza… É de salientar que as cores iniciais dos que agora somos “vermelliños”, foron as raias verticais negras e brancas.

A partir da década dos 60-70, o club céntrase no fútbol, chegando en varias ocasións á final da copa da Coruña e facéndose co título en dúas tempadas consecutivas, 74/75 e 75/76, sendo estes dous trofeos, os trofeos con máis enxunlla nas vitrinas do club. Os xogadores que naquela época formaban os equipos do club eran unna mestura de novos talentos coruñeses e grandes xogadores chegados de diferentes puntos de España, que militaban na 2ªB o 3ª división nacional, pero ao verse destinados a facer o servizo militar obrigatorio na nosa cidade, procuraban un club achegado ao cuartel de Atocha, onde saciar a súa fame de fútbol.

No ano 71, coa axuda do noso querido Ramón Fonte Gundín, “Moncho”, o club apoia a inscrición do Club Deportivo Calasanz na Federación Galega de Fútbol, e acádase unha relación de colaboración pola cal o equipamento do Calasanz pasa a ser o mesmo que o do Deportivo Cidade (camiseta vermella, pantalón branco e medias vermellas). Nacía así un club irmán na cidade.

Desde finais dos 90 e ata a actualidade, o club céntrase nas Escolas, que teñen por propósito esencial é que nenos, nenas e mocidade aprendan, se divirtan e gocen co deporte, que se nutran dos seus valores para un desenvolvemento tanto deportivo, como persoalsocial. As nosas escolas tratan de formar o xogador partindo da premisa de que detrás do deportista seempre hai un neno, e que todos coñecemos moitos nenos que non chegaron a ser profesionais, pero ninguén coñece un profesional que non fose un neno. Non só están as nosas escolas, os nosos equipos de Afeccionados, Veteranos y Súper Veteranos dan boa mostra de que todo aquel que o desexe pode prolongar a súa estadía no club máis aló das etapas de formación.

Isto es o que somos dende hai máis de 90 anos. Gozamos do que facemos e de como o facemos, sempre cun espírito “vermelliño”.